xa se acabaron as vacacións
Rematou o Nadal, e voltamos o cole pero parece que en vez de vir con mais folgos vimos con menos, estou empezando a dubidar se as vacacións son para descansar ou para cansarnos máis.
bueno de volta o traballo, os nenos, os proxectos e como non o grupo de traballo, onte visitounos Carmen Vaz Dapía para contarnos as súas experiencias, e a verdade cando a escoitas a ela, isto dos proxectos parece o mais doado do mundo, o problema e cando te enfrontas a realidade da túa aula. Este ano teño unha clase de 4 anos, non me podo queixar son 22 e lévanse bastante ben, pero claro sempre tes o típico que está todo o día dando a nota. Comezamos o outro día a falar da lúa, do ceo,..... e vamos progresando xa vos contarei como saen as cousas.

Chúzao
del.icio.us