Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

andurina

30/06/2008 GMT 1

Rematou o curso

andurina @ 23:38

3331.jpgHoxe comenzan oficialmente as vacacións de verán, rematou un novo curso e agora toca esperar un novo destino.
Non sei onde me tocará o próximo ano, so espero que sexa cerca da casa, ter bos compañeiros, non moitos nenos, e moitas ganas de facer novos proxectos.
O mellor é pedir demasiado, pero como dín na miña terra para rebaixar sempre hai tempo.
A verdade é que este verán non ten nada que ver cos anteriores, pendentes das opos, estudiando todolos días, pendente das convocatorias, e cos nervios a flor de pel.
Moito me acordo dos compañeiros que estan neste momento con esta movida, espero que teñan moita sorte.
Bueno gracias os que mirachedes os meus post, gracias polos consellos, e espero que no vindeiro curso poidamos seguir compartindo as nosas experiencias. Ata pronto

Comentarios

Un Comentario »

  1. Bo verán Profe! A disfrutar del. Tes razón, teño na cabeza a eses compañeiros e amigos que siguen pasando por ese "trago" das opos e éntrame a ansiedade! Que che toque un bo destino e.... vémonos polo mundo adiante.

    sapoconcho | 01-07-2008 - 09:21:02 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis