O día despois
Que tal todos? Espero que aqueles que obtiveron destino neste concurso de traslados tiveran sorte e os que non, coma eu e o meu compañeiro Ramón, a esperar que toca.
Bueno si miramos o refraneiro "non hai mal que por ben non veña" ou tamén nos vale " os últimos serán os primeiros".
Como lle contaba a mañá o meu compañeiro, non vale a pena preocuparse ata que chegue o momento, porque total non podemos facer nada.Como vedes o da teoría dáseme ben, agora so hai que poñela en práctica.
Posdata: animo Ramón, sabes de onde é esta paisaxe?

Chúzao
del.icio.us
Pois é verdade, non vale de nada "comerse a cabeza"; o que teña que ser xa será e non depende de nós. E si, a práctica costa "poñela en práctica". Por certo, será Riós, Chandrexa....? Mimaaaa, que frío; canta neve!!!!! jejeje
Ramón | 05-03-2008 - 21:53:08 GMT 1 #
Sempre a falar dos que marchan pero os que quedamos tamén estamos raros,trsites pola súa marcha, pendentes dun novo ano, de nova xente por vir e de intentar facerlle cómoda a vida o tempo que lles queda os que foron durante este curso os nosos COMPAÑEIROS! dende logo para min non deixarán de selo donde queira que estean.....bicos
Teacher Chus | 07-03-2008 - 15:41:50 GMT 1 #
Feliz Semana Santa a TODOS/As!
Moitos bicos.
Teacher Chus | 14-03-2008 - 15:18:44 GMT 1 #