Sempre se pode aprender máis
p>Hoxe comezou o curso de traballo por proxecto, coa ponencia de Azucena Arias. Cando a persoa que che conta as súas experiencias e os seus coñecementos da maneira que o fai Azucena Arias, todo o tempo che parece pouco. Gustoume moito a súa forma de transmitir e de engancharte no tema, despois dun curso con esta muller é imposible volver os tradicionais libros e métodos, desperta o teu interese por investigar e experimentar a través do traballo por proxectos. o problema é que cando te enfrontas a realidade non todo parece tan bonito e tan fácil, pero dende logo e moito mellor que os métodos que xa podemos chamar antigos. A través do traballo por proxectos aprendemos todos, hai algo mellor?
Temos traballo para o seguinte día, no discurso da súa ponencia esta incluída a realización dun proxecto paso a paso, despois de elixir tema e votar, o noso proxecto vai xirar en torno as abellas, recollemos as ideas previas, fixemos unha categorización, pensamos onde podemos buscala información , e xa mans a obra, a buscar.
<

Chúzao
del.icio.us