Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

andurina

05/12/2007 GMT 1

¡Vaia día!

andurina @ 16:27

Aquí estou de novo,hoxe a choiva parece que nos afectou a todos un pouco de mais,a xente anda un pouco acelerada.¿ Pero sabedes que? Non lle vou a dar O gusto a ninguén de amargarme o día.
Seguindo coa historia da miña aula, non vos contei que somos 25 nenos e 3 anos ( mais eu 26) e a nosa clase ten un nome de conto no que aparecen sete ananiños. ¿Adiviñades cal é?
Cando aprenda a colgar un Power- point xa vos presentarei os meus compis de clase. A veces non son tan compis, unhas veces danche ganas de comelos e outras de mandalos para as súas casas. Pero bueno así son as clases un pouco de cal e un moito de risas e proxectos.
Temos o proxecto do reciclaxe un pouco parado estes días porque andamos coa decoración de Nadal moi ocupados, fixemos estrelas, arbores,etc. pero pronto vos contarei como sigue isto das 3R

 

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Pero ti sabes tan ben coma min que aínda que dan guerra, tamén dán moitas alegrías, e rir.... xa nos temos rido a fartar. Sobre o efecto da choiva no ambiente....... que chova que logo escampa (que tampouco lle hai que dar o gusto; ti co teu). Ánimo.

    sapoconcho | 06-12-2007 - 01:04:52 GMT 1 #

  2. Moi bonita a páxina. Prabéns!

    Xosé Antón | 11-12-2007 - 09:43:29 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis