Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

andurina

Arquivo: Febreiro 2008

22/02/2008 GMT 1

Sempre se pode aprender máis

andurina @ 01:10

p>Hoxe comezou o curso de traballo por proxecto, coa ponencia de Azucena Arias. Cando a persoa que che conta as súas experiencias e os seus coñecementos da maneira que o fai Azucena Arias, todo o tempo che parece pouco. Gustoume moito a súa forma de transmitir e de engancharte no tema, despois dun curso con esta muller é imposible volver os tradicionais libros e métodos, desperta o teu interese por investigar e experimentar a través do traballo por proxectos. o problema é que cando te enfrontas a realidade non todo parece tan bonito e tan fácil, pero dende logo e moito mellor que os métodos que xa podemos chamar antigos. A través do traballo por proxectos aprendemos todos, hai algo mellor?
Temos traballo para o seguinte día, no discurso da súa ponencia esta incluída a realización dun proxecto paso a paso, despois de elixir tema e votar, o noso proxecto vai xirar en torno as abellas, recollemos as ideas previas, fixemos unha categorización, pensamos onde podemos buscala información , e xa mans a obra, a buscar.
images.jpg<

08/02/2008 GMT 1

Rematou o Entroido

andurina @ 16:48

Nunca sei porque lle chamo días de descanso, por que a verdade é que eu non paro de traballar. Se non é nun lado é en outro pero o conto é que non paro. Agora estou dándolle voltas o grupo de traballo, non sei de que vou facer o proxecto, teño moitas dubidas e poucas ideas, ou polo menos nada claras. Como podedes ver a claridade de ideas non é o meu forte, pero bueno aí andamos pouco a pouco. Hoxe na clase comezamos a falar dun neno que empezou este ano no cole, pero que agora marchou a vivir fora, ocorréuseme preguntarlles como poderíamos contarlle o que fixemos no Entroido, e bueno xurdiron algunha que outra pregunta, vamos a ver como progresa.
20060306011610-mafalda.gif

Entroido 2008

andurina @ 16:39

p1120101.JPG

Despois de celebrar o día da Paz aínda nos quedaba outra celebración que era o Entroido, os nenos viñeron da casa cada un co seu disfraz, uns eran corsarios, outros cabaleiros, princesas, spiderman, etc., estaban todos moi guapos e pasámolo moi ben a pesar do frío. Comemos orellas, filloas, e un montón de cousas mais; bailamos, xogamos,...

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis