Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

andurina

Arquivo: Xaneiro 2008

30/01/2008 GMT 1

Dia da Paz

andurina @ 17:46

Hoxe 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz,entre tódolos nenos do cole e os profes de apoio a infantil, prepararon un mural que colocaron no exterior do cole. Mirade que chulo lles quedou.
p1100085.JPG
p1100086.JPG
p1100087.JPGEsta semana está sendo un pouco movida posto que xuntamos a semana do entroido coa celebración do Día da Paz. Cada día da semana os nenos e profes ( uns máis ca outro, declárome culpable) teñen que traer distintas cousas como : un bigote, un sombreiro, un zapato de cada cor, ..........; e o venres para rematar será o gran desfile de entroido. Haberá diferentes disfraces e algunha que outra sorpresa.
Para rematar por hoxe os nenos de 3 anos A (profe Esperanza) e 3 anos B ( profe Mati)queremos desexarvos a todos un bo Día da Paz, que se faga extensible a tódolos días do ano e para tódolos nenos do mundo.p1100096.JPG

14/01/2008 GMT 1

Parabéns teacher chus

andurina @ 17:29


Generador De Tarjeta De Cumple

Os compis do corredor desexámosche un moi moi feliz cumpreanos.

12/01/2008 GMT 1

¡bos días!

andurina @ 10:44

Xa vos dariades conta de que onte quedei a medio camiño co papel reciclado, perdoade pero tiven que marchar, desta si que remato.
Pois como podedes ver primeiro fixemos anaquiños de papel de periódico e revistas, logo votámoslle auga e deixámolo repousar unha noite, o día seguinte pasámolo pola batidora e fixemos unha pasta.
Para experimentar coas cores botámoslle a unha tina tempera azul e a outra tempera vermella, e puxémonos a facer o papel. A verdade que para ser a primeira vez non quedou tan mal, e os nenos pasárono moi ben.
pb210050.JPGpb210054.JPGpb280055.JPG

11/01/2008 GMT 1

xa estamos de volta

andurina @ 16:58

p>ola de novo,como custa voltar das vacacións. Necesitabamos todos outro periodo de adaptación,aínda que neste segundo trimestre non vamos ter tempo nin para respirar. Esta semana tocou recoller os adornos do Nadal, o próximo luns imos de excursión, ( a primeira para os nenos de 3 anos), o martes e festivo local en Vilanova para recuperarnos da excursión; pero xa o mércores temos que poñernos as pilas con un montón de cousas: o conto viaxeiro, o día da PAZ, o entroido, os proxectos, ...................que si, que non me esquecín de contarvos como vai o reciclaxe. Pois ben, vai lento, pero vai, xa fixemos o papel reciclado agora falta decidir que faremos con el. Votádelle un ollo o resultado......

anacos-de-papel.jpgreciclaxe12.jpgpb210045.JPG

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis