Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

andurina

Arquivo: Decembro 2007

15/12/2007 GMT 1

¡¡¡Feliz cumpreanos!!!

andurina @ 00:31

Hoxe celebramos os cumpreanos do primeiro trimestre, Rubén, Iván, Alejandro, Pablo, Blanca, Gustavo, Martín,e David celebran o seu terceiro aniversario xunto cos seus compañeiros de clase.
DESEXÁMOSLLES TODOS UN FELIZ CUMPREANOS.

Para que ninguen se moleste pola aparición das fotos dos nenos en internet a partir de agora non colgarei ningunha foto nin video dos nenos. Moitas grazas a tódalas persoas que manifestaron o seu malestar, non era a miña intención incomodar a ninguen soamente era unha actividade máis da aula utilizando as novas tecnoloxías e parte do meu tempo persoal.

14/12/2007 GMT 1

Os nenos de 3 anos A

andurina @ 23:52

pb240019.JPG
Os nenos de 3 anos A xunto coa súa profe Esperanza tamén estiveron a traballar o Nadal e para desexarvos a todos un feliz Aninovo mándanvos esta postal feita coas súas propias mans.

13/12/2007 GMT 1

Chegou o Nadal

andurina @ 12:05

Ola de novo, como xa vos contaba no derradeiro post, andabamos a decorar a aula para o Nadal. Entre unhas cousas e outras ocorréusenos facer unha felicitación de Nadal, para desexarvos a todos/as un feliz Nadal e prospero ano 2008.

pb150042.JPG<

05/12/2007 GMT 1

¡Vaia día!

andurina @ 16:27

Aquí estou de novo,hoxe a choiva parece que nos afectou a todos un pouco de mais,a xente anda un pouco acelerada.¿ Pero sabedes que? Non lle vou a dar O gusto a ninguén de amargarme o día.
Seguindo coa historia da miña aula, non vos contei que somos 25 nenos e 3 anos ( mais eu 26) e a nosa clase ten un nome de conto no que aparecen sete ananiños. ¿Adiviñades cal é?
Cando aprenda a colgar un Power- point xa vos presentarei os meus compis de clase. A veces non son tan compis, unhas veces danche ganas de comelos e outras de mandalos para as súas casas. Pero bueno así son as clases un pouco de cal e un moito de risas e proxectos.
Temos o proxecto do reciclaxe un pouco parado estes días porque andamos coa decoración de Nadal moi ocupados, fixemos estrelas, arbores,etc. pero pronto vos contarei como sigue isto das 3R

 

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis