Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

andurina

Arquivo: Novembro 2007

30/11/2007 GMT 1

A primeira saida

andurina @ 19:20

p>A primeira saída que fixen cos nenos foi para ir ver os contedores que temos detrás do cole. Pareceunos que para falarlle do reciclaxe e onde debiamos recoller cada cousa, o mellor era que o viran cos seus propios olliños. Así que armados coas chaquetas e coa axuda do profe Ramón fomos ver os contedores do lixo. Amosámoslles como era cada un, a súa forma, a súa cor e levamos lixo para botar en cada un deles.
Os nenos con tal de saíres a rúa dáballe igual o que foramos ver, pero aínda que parece as veces que non se decatan de nada vanse quedando coas cousas pouquiño a pouco,agora na aula temos os nosos propios contedores e seleccionamos o lixo para cada un deles.
Pouco a pouco os nenos van sendo cada vez mais autonomos para seleccionar o que vai en cada caixa.

Posdata: sinto moito ter que retirar as imaxes dos nenos, pero como se di por ahí máis vale prevenir que lamentar.
imagen1.jpg

29/11/2007 GMT 1

Mi primer Post

andurina @ 11:15

Non sei que vai sair de aqui, pero vouno intentar, ainda que so sexa por non escoitar mais o repunante de meu compañeiro.
vou ir colgando as pouquiñas cousas que fago cos nenos de 3 anos e a ver si vos gustan.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis