16/10/2009 GMT 1
19/06/2009 GMT 1
15/01/2009 GMT 1
xa se acabaron as vacacións
Rematou o Nadal, e voltamos o cole pero parece que en vez de vir con mais folgos vimos con menos, estou empezando a dubidar se as vacacións son para descansar ou para cansarnos máis.
bueno de volta o traballo, os nenos, os proxectos e como non o grupo de traballo, onte visitounos Carmen Vaz Dapía para contarnos as súas experiencias, e a verdade cando a escoitas a ela, isto dos proxectos parece o mais doado do mundo, o problema e cando te enfrontas a realidade da túa aula. Este ano teño unha clase de 4 anos, non me podo queixar son 22 e lévanse bastante ben, pero claro sempre tes o típico que está todo o día dando a nota. Comezamos o outro día a falar da lúa, do ceo,..... e vamos progresando xa vos contarei como saen as cousas.
18/12/2008 GMT 1
BO NADAL
Dende a clase de 4 anos B do CEIP PIÑEIRIÑO desexámosvos a tod@s unha felices e festas e prospero ano novo 2009, que Papa Noel e os Reis Magos vos fagan moitiiiiiiisimos agasallos.
10/12/2008 GMT 1
"Chincha Rabincha"
Onte veu ao cole a compañía de títeres A Xanela do Maxín coa obra CHINCHA RABINCHA, e alí fomos os nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria. A obra é entretenida e centrase no tema do medo, ten uns dialogos que se comprenden moi ben e uns moi bos cambios de voz, non sei como a rapaza dos títeres é quen de facer tantos cambios de voz, falar tanto tempo e o rematar seguir saudando os nenos, eu quedaria sin voz fixo. Bueno tras este breve comentario recoméndovos a función e ata outra.
05/12/2008 GMT 1
Mais vala tarde que nunca
>
Ola a todos/as, fai tanto tempo que non escribo no meu blogue que me custa un pouco empezar, pero como se din por ahí, mais vale tarde que nunca.
ainda que non estou o día no meu blogue, non deixei de mirar os blogues dos compañeiros/as que traballan tanto, e gustoume moito o dos poemas visuais. Gustariame probar na miña aula de 4 anos, pero a verdade non sei como plantearlle o tema e motivalos, espero que alguen me poida guiar un pouco.
bueno non pode rematar este post sen mencionar o concurso de traslados, espero que todos teñamos sorte e nos den un bo destino.sorte para todos.
30/06/2008 GMT 1
Rematou o curso
Hoxe comenzan oficialmente as vacacións de verán, rematou un novo curso e agora toca esperar un novo destino.
Non sei onde me tocará o próximo ano, so espero que sexa cerca da casa, ter bos compañeiros, non moitos nenos, e moitas ganas de facer novos proxectos.
O mellor é pedir demasiado, pero como dín na miña terra para rebaixar sempre hai tempo.
A verdade é que este verán non ten nada que ver cos anteriores, pendentes das opos, estudiando todolos días, pendente das convocatorias, e cos nervios a flor de pel.
Moito me acordo dos compañeiros que estan neste momento con esta movida, espero que teñan moita sorte.
Bueno gracias os que mirachedes os meus post, gracias polos consellos, e espero que no vindeiro curso poidamos seguir compartindo as nosas experiencias. Ata pronto
16/04/2008 GMT 1
S.O.S
Necesito axuda, por favor, gustaríame levar a cabo un proxecto de traballo sobre arte e especialmente sobre Van Gogh, so teño un problema non teño nin idea de como empezar. Non sei como espertar o interese dos nenos por este pintor, entre que eu non teño moita idea e os tres anos non teñen moito interese polo arte, non sei como facer. Espero que alguen me poida dar algunha idea de como enfocalo e como levalo a cabo. gracias.
14/04/2008 GMT 1
CANTO TEMPO!
OLA fai algun tempo que estou desconetada e a verdade e que custa un pouco volver comenzar. Estiven un pouco liada coa memoria de prácticas, o grupo de traballo,.......pero quen non está liado con algo!
O que non se pode aplazar son as clases diarias e ahi andamos facendo cousiñas pouco a pouco. Co axuda do profe Ramón, os nenos de 3 anos B estiveron aprendendo coa pizarra máxica, o entusiasmo e a ilusión coa que volven a clase e fantástico.Na aula tamén fixemos algunha cousas como o traballo de reciclaxe, e andamos agora cos gusanos de seda entre mans.
comentamos na aula que cousas sabemos dos gusanos de seda, despois de falar e falar, a verdade e que tiñamos moitas dúbidas.Imos buscar nos libros as nosas dúbidas.
o primeiro que comprobamos foi que nacen de ovos, e que van crecendo, crecendo ata convertirse en bolboretas.
Aprendemos moitas cousas, como son os vermes de seda, que comen, como viven,.............
agora estamos esperando a que os nosos gusanos se transformen en bolboretas, ainda que mentras esperamos imos aprendendo cousas sobre as bolboretas.

Chúzao
del.icio.us



